Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán descarta a creación dun mercadillo no campo de fútbol deMonte Lourido.

O Concello de Nigrán descarta a creación dun mercadillo no campo de fútbol deMonte Lourido.

Correo-e Imprimir PDF
mercadillo-ropa

Finalmente o Concello de Nigrán decidiu non habilitar a instalación dun novo mercadillo proposta por una cooperativa de vendedores ambulantes a finais de setembro. A través da Concellería de Turismo, Cultura e Deportes informouse esta mañá que avaliadas as propostas presentadas o equipo de goberno de Alberto Valverde optou por mellorar e dinamizar a xa existente feira dos sábados pola mañá en praia de Patos. En nota de prensa, o alcalde puntualizou que “No rechazamos el trasfondo de la petición”, pero entendeu que “es incoherente poner en marcha algo que ya existe en Nigrán”. A proposta denegada, ofrecía a posta en funcionamento dunha feira na zona de Praia Lourido (América), á altura do campo de fútbol, que congregaría próximo aos 350 postos de venda. O goberno muncipal agradeceu aos titulares da proposta e suxeriu que se reorienten cara ao mercadillo existente.