Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O alcalde Valverde solicitará colaboracións das AAVV de Nigrán para actividades sociais e culturais.

O alcalde Valverde solicitará colaboracións das AAVV de Nigrán para actividades sociais e culturais.

Correo-e Imprimir PDF
Alberto Valverde comeza unha rolda de xuntanzas coas AAVV de Nigrán.

O rexedor Alberto Valverde comeza hoxe unha rolda de xuntanzas coas directivas veciñais do municipio "para pedir a los vecinos y vecinas de Nigrán colaboración, especialmente en el contexto actual", asegurou hoxe mediante un comunicado. O alcalde dixo que afronta estes encontros como unha primeira toma de contacto con estes colectivos aos que definiu como "piezas fundamentales en el día a día de los vecinos del municipio”. O primeiro encontro terá lugar esta tarde na Asociación de Veciños A Irmandade de Priegue, ás 20.30 horas.

Valverde quere contar coa colaboración das asociacións para a realización de actividades culturais, deportivas e sociais nas distintas parroquias do concello. O alcalde tamén anunciou a súa intención de realizar nos próximos meses una nova rolda de encontros con estes colectivos, pero nos que tamén participen todos  os seus membros.

O calendario de xuntanzas, ás que Valverde concorrerá co seu equipo de goberno prosigue o xoves 6 de outubro na Asociación de Veciños A Camoesa, ás 20.30 horas. O martes 11 na AAVV As Dunas de Nigrán, ás 21 horas. Na AAVV Outeiro de Parada, será o xoves 13 ás 20.30 horas. O sábado 15, con hora a confirmar na AAVV da Unión de San Pedro. O luns 17 ás 19 horas coa AAVV 1807 da parroquia de Chandebrito e ás 20.30 horas coa AAVV O Castro de Chandebrito. A rolda remata o mércores 19 coa AAVV Monteferro de Panxón, con horario a confirmar.