Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán recorta os servizos culturais e deportivos en medio dunha polémica cos socialistas.

O Concello de Nigrán recorta os servizos culturais e deportivos en medio dunha polémica cos socialistas.

Correo-e Imprimir PDF
concello-en-obras

Menos horas en menos clases terán os usuarios dos servizos deportivos e culturais de Nigrán. O recorte iguala en horarios ambas actividades e reduce de 8 a 7 meses a duración dos mesmos. A medida xa adiantada pola propia administración a principio de mes no comunicado de apertura das respectivas matrículas, foi xustificada esta mañá por razóns orzamentarias nun marco de austeridade das contas municipais. O rexedor, Alberto Valverde afirmou que o devandito reaxuste permitirá achegar recursos para cubrir actividades con fines sociais para os máis desprotexidos.  A polémica non se fixo esperar e horas despois o portavoz socialista Juan González acusou a Valverde de malgastar os fondos públicos, desmontar os servizos socias que xa tiña o municipio e non só prexudicar aos veciños cos recortes nos servizos, senón tamén de cambiar as tradicionais políticas de integración e solidariedade polas de caridade.

O alcalde Alberto Valverde, argumentou que as actividades deportivas e culturais supoñían un déficit histórico, inasumible nestes momentos  para as arcas municipais. Detallou que  as actividades culturais e deportivas xestionadas " sin ningún tipo de responsabilidad por el gobierno anterior"  provocaron un déficit moi elevado. Neste sentido, salienta que durante el 2009-2010 o déficit de ambas as dúas chegou aos  64.805,72 euros. E foi de 43.399,84 euros durante el 2010-2011. "Pero las cifras son más severas si tuviésemos en cuenta el período 2007 a 2011, correspondiente a los cuatro años del mandato anterior, en el cual el déficit acumulado estaría en 322.921,16 euros", manifestou Valverde.

Segundo a versión do goberno, a disxuntiva era entre facer o devandito reaxuste o aumentar de forma significativa o custe das matrículas,"que en muchos casos supondría un incremento por encima de un 125% de las cuotas " . Deste xeito optouse por "sacrificar" un mes nas actividades deportivas, pasando a realizarse durante sete meses, e igualarllas en dos horas á semana, excepto nas musicais para nenos e nenas, segundo advirten.

Estas medidas están enmarcadas dentro dun plan de aforro municipal, xunto coa  redución dos gastos en telefonía, tecnoloxía e retribución do goberno municipal que o rexedor afirma ter aplicadas.  O alcalde asegurou  que este aforro será destinado ás partidas de axudas para  copra de libros de texto, cun incremento de case un 80% para familias que máis o necesiten e á instalación de dúas camas hospitalarias para enfermos que as requiran a nivel domiciliar, avaliadas nuns 2.400 euros.  Dentro do paquete de medidas prometidas, sinalouse que  a  Concellaría de Benestar Social e Sanidade repartirá cheques de alimentos non perecedoiros a 19 familias de Nigrán que viven baixo o nivel  de la pobreza, por un valor de 2.000 euros. De cara a finais do ano o municipio tamén repartirá paquetes do Nadal por valor de 600 euros. Ase mesmo, incrementará a partida de axuda domiciliaria de libre concorrencia en uns 6.000 euros.

O alcalde finalizou nun chamado á "comprensión, entendimiento, y responsabilidad" de parte dos veciños e grupos políticos de Nigrán “en un momento de dificultades en el que realizar actividades culturales y deportivas es importante pero gestionar con responsabilidad de forma que se pueda al mismo tiempo ayudar a quien más lo necesite, también lo es”.

O portavoz socialista Juan González cualificou de "embuste" os argumentos de Valverde á hora de facer os devanditos recortes. Segundo o concelleiro opositor e ex membro do anterior equipo de goberno de Efrén Juanes, Valverde fala de reaxuste e de descenso de retribucións do equipo de goberno cando "se aumentaron y con mucho las retribuciones tanto del Alcalde que percibe más de 6.000€ mensuales (tres dedicaciones exclusivas y dos parciales mas dos personas de confianza, una secretaria de Alcaldía y una Secretaroia para o Tte. Alcalde que exerce como Responsable de Comunicación) y habla de saldar déficits históricos cuando los últimos 3 años el concello de Nigrán tuvo los superavits más elevados de su historia."

Seguidamente, González apuntou que mentres se recortan os servizos aos veciños e á "cultura con maiúsculas",  "non se privan de organizar campionatos aeronaúticos, torneos deportivos nas praias ou actuacións de familiares dos concelleiros, para iso non hai nin recorte nin hai crise". "Tampouco hai crise para pagar máis de 10.000€ para seguridade por dúas horas da noite de San Xoan!" afirma o concelleiro, que opina que con eses cartos  10.000€ se pode pagar o custe de todas as actividades culturais de cara ao próximo curso.

En canto ás medidas sociais anunciadas polo municipio, González opinou que non só son "irrisorias", senón que marcan un cambio definitivo da política de solidariedade trocándolla por outra de "beneficencia". Logo de engadir que en Nigrán nunca deixouse de facilitar alimentos e axudas a calquera familia necesitada, cualificou a política dos servizos socias de Valverde como retrógrada. Cuestionou a práctica de entrega de cheques anunciada e afirmou que raia o surrealismo e achega Nigrán aos anos de posguerra e a películas como “Plácido o Siente a un pobre en su mesa”.

González denunciou o peche do Ropero Municipal que funcionaba no municipio e que brindaba servizos todo o ano. Tamén rexeitou o descarte pola actual administración das actividades de concienciación como o Plan de Inclusión Social, e o cerre de servizos á 3ª idade como a aula de informática. Finalmente, o concelleiro socialista salientou que "Caridade" será a nova marca as políticas sociais de Nigrán que substituirá ás de "solidariedade, integración e formación", aplicadas polo anterior goberno.