Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE Nigrán advirte do perigo de perder 140 mil euros en investimentos para obras municipais

O PSOE Nigrán advirte do perigo de perder 140 mil euros en investimentos para obras municipais

Correo-e Imprimir PDF
O PSOE Nigrán denucia atraso na contratación das obras comprometidas de saneamento (Lagoiña)

O grupo socialista de Nigrán denuncia o retraso no inicio das obras de saneamento en San Pedro e Lagoiña e os asfaltados en Panxón e Parada que deixou concertadas o anterior goberno municipal de Efrén Juanes. O seu portavoz Juan González sinala que obras quedaron "totalmente pechadas dende o mes de marzo" e que de non facerse en este ano 2011 os expedientes de contratación "perderíanse definitivamente." Segundo o PSOE, os proxectos por valor de 140.000€, foron concertados polo Concello de Nigrán durante a anterior administración, co Ministerio de Administracións Públicas e mais a Deputación de Pontevedra.

Segundo os datos aportados polo concelleiro González, a inversión de 42.583,22€ na II Fase do Saneamento da Pousa (A Cabreira-San Pedro da Ramallosa) e da Lagoiña contará con 29.000€ que aportará o Ministerio de Administracións Públicas, 22.103, 87€ o Concello de Nigrán e unha cantidade idéntica a Deputación de Pontevedra. No caso dos asfaltados das rúas en Reboreda (Parada) e Area Alta (Panxón) 31.096,35€ aporta o Ministerio e 9.328,90€ o Concello e a mesma cantidade a Deputación de Pontevedra.

Os socialistas sinalan que as obras permitirán que os Barrios de A Cabreira-A Pousa en San Pedro da Ramallosa e da Lagoiña en Nigrán completen as súas redes de saneamento. Agregan que estes servizos básicos de abastecemento e saneamento axudarán á mellora mediombiental e que contan cun investimento previsto por 42.583,22€.

Coa incorporación do Saneamento no Camiño do Pinicho (San Pedro) e do asfaltado da Rúa Reboreda en Panxón cunha inversión de 72.000€ "estamos a falar de máis de 140.000€", afirma González, quen opina que se non inician de "xeito inmediato" os expedientes de contratación os orzamentos comprometidos perderíanse definitivamente.