Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Esquerda Unida rexeita a política "de redución das actividades culturais en Nigrán".

Esquerda Unida rexeita a política "de redución das actividades culturais en Nigrán".

Correo-e Imprimir PDF
Betty León Fon, portavoz de EU Nigrán rexeita a redución de grupos e horarios dos cursos culturais no municipio.

Esquerda Unida de Nigrán denuncia unha importante redución do número de horas que se ofrecen este ano nas actividades culturais de Cerámica, Pintura e Música por parte da Concellería de Cultura. Segundo EU, entre reducións de número de grupos e de horarios por grupo en pintura e cerámica, pásase dunha oferta de 18 horas semanais o ano pasado a soamente 8 horas este ano, o que implica unha redución dun 56%, mantendo practicamente os mesmos prezos. En música a redución é dun 40%, aseguran nun comunicado asinado pola súa portavoz Betty León Fon.

Os membros de EU consideran que estes recortes en cultura son "moi preocupantes, dado que algunhas destas actividades teñen unha longa tradición en Nigrán". Así sinalan que a Escola Municipal de Cerámica foi creada fai 25 anos, a primeira de Galicia e goza de gran prestixio a nivel nacional e internacional. "De feito ten unha colección de pezas de ceramistas que colaboraron coa escola, que debería estar exposta permanentemente ao público", afirman. Por outro lado, a orquestra infantil de cordas que iniciouse no ano 2005 "supón unha aposta única na comarca que xa está dando os seus froitos en concertos que se escoitaron con participación de máis de 40 nenos. Na actividade de pintura estanse forxando artistas, algúns dos cales xa expuxeron as súas obras colectiva e individualmente".

Esquerda Unida considera que os necesarios recortes orzamentarios que faga esta corporación "non deberían afectar ás reducidas actividades culturais das que se gozaba en Nigrán, en especial as dedicadas aos nenos, o noso futuro. Esperamos que a próxima semana non ocorra o mesmo coas actividades deportivas. "Onde quedará a máxima Mente san en corpo san?", interperlan dende a agrupación.