Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Monteferro acolle a VIII Copa do Futuro de Mini BTT Concello de Nigrán

Monteferro acolle a VIII Copa do Futuro de Mini BTT Concello de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Cartel-2011-PQ

O vindeiro sábado 27 de agosto celébrase en Monteferro a VIII Copa do Futuro de Mini BTT Trofeo Concello de Nigrán, nas inmediacións do monumento "Aos Mártires do Mar". A oitava edición desta copa reunirá a todas as escolas BTT de Galicia, nunha proba organizada polo Monteferro Bike Club en colaboración coa concellaría de Turismo, Cultura e Deportes e a Mancomunidade de Montes de Monteferro.

A competición dará comezo ás 11.00 horas, co deseño de dous circuítos diferentes para infantís e alevíns e para categorías inferiores, adaptados ao nivel das categorías. O primeiro trazado, de maior dureza, inclúe parte da coñecida subida de grava miúda de Monteferro. As categorías de participación serán dez, cinco masculinas e cinco femininas, e abarca desde os 5 aos 14 anos. Os nenos participantes han de estar en posesión da licenza anual da Federación Galega de Ciclismo