Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Denuncian en Nigrán a utilización das dunas de Lourido como aparcadoiro ilegal.

Denuncian en Nigrán a utilización das dunas de Lourido como aparcadoiro ilegal.

Correo-e Imprimir PDF
dunas-lourido

A zona preservada do espazo dunar de Lourido se ha convertido nun aparcadoiro de vehículos, denunciou o PSOE Nigrán que presentou un reclamo a través dun dossier ao Ministerio de Medio Ambiente " para que tomen medidas ante a inactividade do goberno local", segundo anunciara nesta xornada o seu portavoz Juan González. O escrito sinala que os paus de delimitación de protección das dunas foron arrincados e os coches aparcan enriba da mesma.

González sinala que é" unha verdadeira mágoa o desinterese de Alberto Valverde e seu concelleiro de Medio Ambiente por un traballo de rexeneración dunar comezado fai seis anos e consolidado nos catro anos de goberno socialista, cunha serie de actuacións que permitiron recuperar 22.580 m2 de superficie para a rehabilitación dunar así como a eliminación de máis de 795 metros de paseo de formigón e madeira en primeira liña de praia."

Segundo o PSOE a recuperación foi  premiada en diferentes foros medio ambientais como o  “II Concurso de Proyectos para el incrementado de la biodiversidad”  da Red de Gobiernos Locales 2009. A agrupación ante o "risco da perda irreversible do mesmo" enviará un “dossier” de todas as agresións "que o goberno do PP está consentindo sobre o espazo dunar de Panxón e Lourido á Demarcación Provincial de Costas, ao Ministerio de Medio Ambiente e a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para que tomen as medidas oportunas dado o caso omiso que o PP está facendo as continuas denuncias do PSOE."