Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UPyD Nigrán reacciona contra a subida do imposto á venda de vivendas decretado por Facenda.

UPyD Nigrán reacciona contra a subida do imposto á venda de vivendas decretado por Facenda.

Correo-e Imprimir PDF
Jorge Sanromán soliticitará aos grupos municipais a presentación dunha moción contra esta subida de impostos decretado pola Xunta de Galicia

UPyD-Nigrán instou a través dun comunicado público a todos os grupos municipais a elaborar e aprobar conxuntamente unha moción contra "a abusiva subida de prezos de Facenda" no cobro de impostos pola compra de vivenda. Esta agrupación (sen representación na corporación municipal) opina que en "en moitos casos, as valoracións duplicáronse en só uns meses, pese ao parón e a caída en picado do mercado inmobiliario." Jorge Soto Sanromán adiantou a Valminor.info que formalizará a inquietude a través dunha solicitude ás agrupacións con representación no pleno municipal o vindeiro luns 22 de agosto, a través do Rexistro Municipal.

O Delegado Local de UPyD-Nigrán, Jorge Soto Sanromán, solicitou a todos os grupos políticos con representación municipal que elaboren conxuntamente, aproben e remitan á Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, unha moción plenaria contra a abusiva subida de prezos nas valoracións pola compra de vivendas, que fan que se dispare o imposto de Actos Xurídicos Documentados (AJD).

A agrupación de Rosa Díez salienta que "Desde que o PP accedeu ao goberno galego, moitos contribuíntes víronse sorprendidos coa revisión do valor dos inmobles que está efectuando a Consellería de Facenda, por encima ata dos valores de mercado, para aplicar posteriormente os impostos que supón un bo pellizco para as arcas autonómicas." Segundo o escrito, "Hai moitos casos nos que estas revisións ata se duplicaron, a pesar da paralización da actividade inmobiliaria e a escaseza de demanda, en mínimos históricos debido á crise, á falta de créditos e ás nulas perspectivas laborais do momento."

Finalmente UPyD-Nigrán afirma lamentar que Facenda pretenda incrementar a súa recadación pola vía da subida de impostos aos cidadáns," a pesar do parón histórico que vive o sector, xa que con esta medida non axuda á recuperación económica". Ademais UPyD critica a incapacidade da administración popular de Núñez Feijóo" para xerar recursos con medidas como, por exemplo, a contratación de obra pública".