Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Declarado un segundo incendio na parroquia de Camos en menos de 24 horas

Declarado un segundo incendio na parroquia de Camos en menos de 24 horas

Correo-e Imprimir PDF
O incendio declarouse ás 16h horas na parroquia de Camos - Foto: Manuel Valverde
O lume quedou a escasos 50 metros das casas - Foto: Bruno Gico
Catro brigadas, tres motobombas e un helicóptero desprazáronse para controlar o incendio - Foto: Bruno Gico
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

Un novo incendio no barrio da Cruz en Camos volve a sembrar o pánico entre os veciños dado a reincidencia dos focos incendiarios nesta parroquia. Con este, sería o terceiro incendio deste verán neste barrio de Nigrán, e o segundo na mesma zona nas últimas 24 horas. Os axentes non descartan que sexa a acción dun pirómano.

O lume declarouse onte sobre as 16h no barrio da Cruz en Camos, preto das inmediacións do aserradeiro de Rafael Costas e nunha zona roadeada de viviendas. A chamada dun veciño alertou do incendio ao que acudiron os efectivos de extinción de incendios. Ao único axente do GRUMIR do Val Miñor uníronse efectivos de extinción de incendios da consellería de Medio Rural cun técnico, un axente, catro brigadas, tres motobombas unha delas desprazadas dende o concello de Mos, e un helicóptero. Os axentes de extención afanáronse a apagar o lume que quedou controlado cara ás 17h, ainda que os efectivos continuaron mollando o terreo ata pasada a tarde.

O incendio que quedou a escasos 50 metros das casas afectou a fincas privadas e de propiedade comunal, nun área de 1500 m2, e non houbo que lamentar ningún dano persoal nin material das casas lindantes.

Roubos

Varios veciños declaran que o asunto colle tintes de seren un acto "macabro" xa que aseguran que durante as labores de extinción foron roubados materiais propios dos axentes forestais como un dispositivo de localización GPS e unha cámara de fotos, mentres realizaran as tarefas de extención.

Máis imaxes do incendio