Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán ofrece o seu sangue a Galicia

Nigrán ofrece o seu sangue a Galicia

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde e a concelleira de Cultura participan na campaña de doación

O Centro de Transfusión de Galicia fixo este mércores 17 de agosto unha parada no Concello de Nigrán. Moitos veciños de Nigrán achegáronse a esta unidade móbil ao longo de todo o día a doar un pouco de vida. O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, acompañado pola concelleira de Turismo, Cultura e Deporte, Liliana Silva, e a concelleira de Benestar Social e Sanidade, María del Carmen Alonso Macías-Jorreto, acudiron pola mañá ao autobús estacionado nas portas do Concello para colaborar con esta iniciativa do SERGAS, cuxo obxectivo é achegar a doazón aos cidadáns.

O alcalde animou a todos os veciños e veciñas a participar neste tipo de iniciativas que se desenvolven ao longo de todo o ano en distintos puntos da xeografía galega, especialmente na época estival, “Espero que todos los días que este autobús visite Nigrán la participación sea tan elevada como la que estamos viviendo hoy aquí”sinalou Valverde.