Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán recibe 600 mozos católicos franceses no marco da visita de Bieito XVI a Madrid

Nigrán recibe 600 mozos católicos franceses no marco da visita de Bieito XVI a Madrid

Correo-e Imprimir PDF
Valverde-y-Silva-reciben-a-los------jvenes-franceses-en-Monteferro

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e a concelleira de Turismo, Cultura e Deporte, Liliana Silva acudiron hoxe a Monteferro cos máis de 600 mozos franceses que se instalarán en Nigrán ata o próximo 15 de agosto con motivo da visita a España do papa Bieito XVI. Os mozos instalaranse durante os próximos días no Pavillón Municipal de Panxón, entre outras localizacións, e percorrerán os puntos máis emblemáticas do municipio, como Panxón, Praia Lourido e Monteferro, entre outras.

Hoxe tocoulles Monteferro, e con eles foron o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e a concelleira de Turismo, Cultura e Deporte, Liliana Silva, quen lles entregaron unha gorra do Concello de Nigrán como recordo da súa visita a este municipio "e para que leven o nome do noso municipio cando acudan a próxima semana a Madrid", argumentaron as autoridades municipais. Ademais, o grupo que visita Nigrán coincidindo coa Xornada Mundial da Xuventude Madrid 2011 ofrecerá o vindeiro domingo 14 de agosto uns concertos no Torreiro das Angustias agrupados baixo o nome de I son Unik un.