Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Socialistas e populares de Nigrán enfróntanse por mor do Camiño de Santiago.

Socialistas e populares de Nigrán enfróntanse por mor do Camiño de Santiago.

Correo-e Imprimir PDF
Andaína polo Camiño Portugués pola costa de Santiago no ano 2009 en Nigrán.

O portavoz do PSOE, Juan González, acusou á Xunta de Galicia de esquecer ao Camiño Portugués pola costa de Santiago da convocatoria de axudas para rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito dos devanditos camiños. O concelleiro agrega que nin Cultura nin Obras de Nigrán cumpren coas súas obrigas pois o Camiño á altura de Nigrán atópase "descoidado e sen limpar". As acusacións foron rebatidas polo rexedor popular Alberto Valverde quen acusou a González de "estar haciéndose opoisicón a sí mismo", pois non deixa ao seu entender de criticar cousas feitas polo seu anterior goberno e informou que ao segundo día do seu mandato asinou un acordo co Xacobeo polo cal o Concello recibirá 4.000€ para os traballos de acondicionamento do mesmo.

González afirma que a Xunta esqueceu esta ruta de peregrinación en que nin "tan sequera cumpriu o seu compromiso de marcar o Camiño durante o Xacobeo 2010" a pesar de que o Camiño Portugués fora "vendido pola Xunta de Galicia como unha nova aposta para revitalizar os concellos da costa do sur de Pontevedra". Agrega que " o único que marca o camiño son as frechas amarelas feitas polo anterior goberno Socialista ou o mojón de inicio do Camiño na ponte da Ramallosa."

As críticas do portavoz socialistas tamén son para o goberno local pois entende que o "o camiño atópase descoidado e sen limpar nin desbrozar no seu percorrido por Nigrán, abandonado polas concellerías de Vías e Obras e de Cultura que nin tan sequera busca un pequeno oco nas súas actividades turístico-culturais para por en valor este Camiño que o PP vendeu como o grande reclamo de turismo cultural dos concellos de Nigrán ou Baiona."

Pola súa banda, o rexedor popular Alberto Valverde manifesta que o 14 de xuño o seu goberno asinou un convenio co Xacobeo para recuperar o devandito Camiño Portugués pola costa de Santiago a seu paso polo concello de Nigrán. Agrega que o devandito convenio foi "ignorado por el gobierno anterior de Nigrán". Valverde comprometeuse a que en canto perciba a subvención do Xacobeo acometerá de forma inmediata a limpeza da ruta. O alcalde sinala que “El Xacobeo nos ha agradecido que Nigrán se adhiriera a este convenio, ya que era uno de los tres ayuntamientos de Galicia que permanecía fuera”.

Tamén informose que dende hai dous meses a concelleira de goberno Liliana Silva (Turismo, Cultura e Deporte), mantén xuntanza co organismo autonómico responsable do Camiño de Santiago para coordinar estratexias conxuntas dos concellos implicados na promoción e dinamización desta ruta.

Dim lights Embed Embed this video on your site