Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Iniciáronse as probas para comprobar o funcionamento da estación de auga potable (ETAP) de Nigrán.

Iniciáronse as probas para comprobar o funcionamento da estación de auga potable (ETAP) de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde A. Valverde recibe ao concelleiro Agustín Hernández e mais a delegada da Xunta Lucía Molares.

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas Agustín Hernández visitou esta mañá as obras de acondicionamento da Estación de tratamento de auga potable (ETAP) vella de Nigrán, unha instalación que iniciou hoxe mesmo as probas para a comprobación do seu funcionamento. A actuación foi impulsada por Augas de Galicia cun importe de en torno a 50.000 euros.

Esta actuación implicou a instalación dun sistema de bombeo posto que o anterior non servía; a conexión á condución existente, na cal se deben realizar as probas oportunas para comprobar o correcto funcionamento.

Coa nova infraestruturas ofrécese unha solución á alta concentración de ferro na auga que chega á ETAP nova o que fai que haxa que flocular, reducindo a capacidade desta ETAP a 70 l./s. (30 l./s. menos do habitual). A posta en marcha da ETAP vella achegará 30 l./s adicionais, permitindo que a capacidade de tratamento se manteña en 100 l./s, e se poida subministrar auga a Nigrán e Baiona nuns momentos do ano nos que as demandas de abastecemento son máis elevadas.

O conselleiro Hernandez recordou que no Plan Galego de Infraestruturas Hidráulicas está recollida unha actuación de mellora da ETAP de Nigrán, que permitirá aumentar a súa capacidade de tratamento nos momentos en que entran en funcionamento os sistemas de eliminación de ferro. A Xunta de Galicia xa conta co proxecto redactado, que prevé un investimento de 1,1 millóns de euros, e está a pechar co concello de Nigrán as condicións de financiamento da actuación, dentro da liña de colaboración técnico – financeira entre a Administración Hidráulica de Galicia e as entidades locais.