Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán advirte de cortes temporais e parciais de luz na Rúa San Roque en Camos.

O Concello de Nigrán advirte de cortes temporais e parciais de luz na Rúa San Roque en Camos.

Correo-e Imprimir PDF
Obras de urbanización da rúa San Roque

O cambio de alumado público pola finalización da II fase das obras deste viario de Camos son as causas dos posibles apagamentos.

O concelleiro de Vías, Obras, Limpeza, Servizos urbanos e Relacións cos veciños, José Álvarez Valverde, advertiu  da posibilidade de producirse nos próximos días cortes temporais de luz nalgúns tramos da Rúa San Roque, en Camos. José Álvarez sinala o cambio de alumado público neste viario como causa destes cortes. O concelleiro explica ademais que a renovación de alumado estase levando a cabo pola finalización da II fase das obras deste viario.