Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A Mesa pola Normalización Lingüística acusa ao Concello de Nigrán de vulnerar os dereitos dun oposit

A Mesa pola Normalización Lingüística acusa ao Concello de Nigrán de vulnerar os dereitos dun oposit

Correo-e Imprimir PDF

O BNG de Nigrán súmase á queixa realizada días atrás dende a Mesa pola Normalización Lingüística, contra unha presunta vulneración do dereito dun cidadán de realizar unha proba de selección de persoal do Concello de Nigrán en lingua galega. Segundo informa a agrupación nacionalista de Nigrán, á devandita persoa "non se lle facilitou o texto en galego dos exames,como garante a Lei da Función Pública". Consultado o rexedor nigranés Alberto Valverde, este rexeitou a acusación e salientou que segundo o informado polo persoal responsable da mesa de selección, as probas en lingua galega estiveron sempre a disposición dos participantes.

Segundo o informado nun escrito do Bloque, a Mesa pola Normalización Lingüística contradí o afirmado pola autoridade municipal xa que asegura que" tampouco se lle deu resposta escrita ó recurso de queixa que presentou polo que considera a vulneración dun dereito fundamental,senón que o Concello continuou adiante co proceso coa celebración dun novo exercicio que ,outra vez,só tivo versión en castelán."

Finalmente A Mesa anuncia que se dirixirá de inmediato á Xunta de Galiza e ó Valedor do Pobo para que fagan as comprobacións oportunas para "garantir que no Concello de Nigrán o galego é lingua oficial na teoría e na práctica".

Pola contra, o alcalde de Nigrán afirmou que non só o galego é lingua oficial do Concello, se non que a práctica e defensa do bilingüismo estará garantida no seu mandato. O rexedor , que informou que non estivo presente na devandita selección de persoal, reafirmou que o informe brindado polos responsables asegura que todos os participantes tiveron a opción de realizar a proba nas dúas linguas oficiais, tanto en castelán como en galego.

Pola súa banda, o BNG de Nigrán súmase á queixa da Mesa e salienta que o galego é un aceno de identidade, o mais " forte,patrimonio de todos,defenderémola sempre ante os ataques dos que a desprezan e nin sequera cumpren as leis que obrigan a respectala."