Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán saldará unha débeda de 18.000€ cos funcionarios municipais.

O Concello de Nigrán saldará unha débeda de 18.000€ cos funcionarios municipais.

Correo-e Imprimir PDF
concello_nigran

Unha débeda de 18.000 euros cos funcionarios municipais de Nigrán será pagada polo Concello a través dun recoñecemento extraxudicial de crédito. A cifra corresponde a desprazamentos, dietas, cursos e asistencias a tribunais de selección por parte do persoal da devandita administración no período 2007 - 2010. A medida será posta a votación no vindeiro pleno do xoves 28 de xullo, pero se desconta a súa aprobación. De feito a medida xa foi aprobada xa na Comisión Especial de Contas o pasado mércores 20 cos votos a favor do gobernante PP, e o PSOE. BNG e a coalición UCN-CDL abstivéronse.