Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Oferta de praza de monitor de aerobic no Concello de Nigrán

Oferta de praza de monitor de aerobic no Concello de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Características

Modalidad: Contrato laboral temporal.

Duración do contrato: Ata o 31 de maio de 2004.

Horario de clases a impartir: martes, xoves e venres de 17:30 a 19:30 horas.

Leer Bases específicas...

Bases específicas

1º.- Requisitos e méritos:

A) Requisitos mínimos: - Ser maior de idade, - Estar en posesión do título de Graduado escolar, Formación profesional de primeiro grao ou equivalente, - Ter experiencia como monitor de aerobic ou actividade similar, ou acreditar a formación suficiente para exercer como tal, - Non estar separado mediante expediente disciplinario do servicio do estado, comunidades autónomas ou administración local, nin encontrarse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

B) Os méritos valoraranse segundo o seguinte baremo:

a) Experiencia profesional: ata un máximo de 3 puntos.

Servicios prestados no Concello de Nigrán na mesma categoría: 0,07 puntos/mes.
Servicios prestados noutras administracións na mesma categoría: 0,05 puntos/mes.
Servicios prestados en empresas privadas na mesma categoría: 0,02 puntos/mes.

b) Por cada curso de formación ou perfeccionamento realizado con aproveitamento impartido polas administracións públicas, universidade ou INEM e relacionado cos funcións propias da categoría: 0,20 puntos/curso, máximo 2 puntos.

c) Por posuír unha titulación académica distinta e independente da requirida na convocatoria, pero relacionada coa actividade a desenvolver:

Título de doutor: 2,00 puntos,
Título de licenciado ou equivalente: 1,50 puntos.
Título de diplomado universitario ou equivalente: 1,00 puntos.
Título de bacharelato superior ou equivalente: 0,50 puntos. -
Graduado escolar ou equivalente: 0,25 puntos. Só se computará a titulación de máis nivel das alegadas.

d) Polo coñecemento acreditado do idioma galego (só se valorará o grao superior alegado) en grao de iniciación: 050 puntos, en grao de perfeccionamento: 0,75 puntos.

Só se concederá validez, polo que a acreditación do galego se refire, ós cursos ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

e) Por cada mes acreditado como demandante de emprego (máximo 1 punto): 0,02 puntos

2º.- O período de duración do contrato será o que dure a baixa laboral do traballador substituído, co límite do 31 de maio de 2004. Establecerase un período de proba de 15 días.

3º.- A modalidade contractual será o contrato laboral temporal de duración determinada por substituír a traballadores con dereito a reserva do posto de traballo. Número de horas mensuais: 44.

4º.- O prazo de presentación de solicitudes remata o luns 19 de abril de 2004 ás 10,00 horas. As instancias presentaranse no rexistro xeral de entrada do Concello, aportando con elas a documentación acreditativa dos requisitos e méritos solicitados, pola mesma orde que se establece nas bases.

5º.- As solicitudes serán informadas polos seguintes membros:

D. José J. Rial González, concelleiro de deportes, D. José Paz Núñez, técnico de instalacións deportivas, e D. �lvaro Reinaldo Soto, técnico de xestión.

6º.- A efectos de valora-los méritos acreditados polos aspirantes reuniranse o luns 19 de abril de 2004, ás 13.00 horas na Casa Consistorial de Nigrán.

 


Mais ofertas de emprego público no Concelo de Nigran

EMPREGO
Bases Xerais
Oferta de emprego Público ano 2004
12 prazas Auxiliar Policía local (verán 2004)
3 prazas peons de infraestructuras e S. urbanos
Persoal de apoio á oficina de urbanismo