Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Alberto Valverde renuncia ante a xunta electoral do Parlamento de Galicia a ser deputado autonómico

Alberto Valverde renuncia ante a xunta electoral do Parlamento de Galicia a ser deputado autonómico

Correo-e Imprimir PDF
Alberto Valverde, Pilar Rojo e Pedro_Pui

A posibilidade abriuse para Valverde tras a renuncia do deputado Ignacio López Chaves polo seu novo cargo como Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.

O alcalde de Nigrán  e presidente do PP de Nigrán, Alberto Valverde, renunciou hoxe ante a xunta electoral do Parlamento de Galicia a ser nomeado deputado autonómico. A posibilidade deste nomeamento abriuse para Valverde debido á renuncia do ata hoxe deputado autonómico Ignacio López Chaves, quen abandona este cargo debido ao seu nomeamento como Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo. Tras comunicar a súa decisión á xunta electoral, Alberto Valverde transmitiu á presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, a súa decisión.

Alberto Valverde manifestou que tras sopesar esta oportunidade decidiu manter  as súas responsabilidades exclusivas no Concello. " Prometín aos veciños e veciñas do noso municipio traballar exclusivamente por e para Nigrán, e iso é o único que penso facer", afirmou Valverde. O alcalde asegura que sería unha honra traballar por Galicia pero que hoxe o seu" maior e única prioridade é Nigrán".