Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE Nigrán denuncia a política cultural do alcalde popular Alberto Valverde.

O PSOE Nigrán denuncia a política cultural do alcalde popular Alberto Valverde.

Correo-e Imprimir PDF
O concelleiro Juan González (PSOE) critica a política cultural do goberno popular de Nigrán.

O concelleiro Juan González denuncia que no calendario de actividades culturais para o mes de xullo publicitada polo goberno popular de Alberto Valverde, " so aparecen as concertadas polo goberno socialista a través de Camiños da Cultura" e mais as "organizadas polas comisión de festas de cada parroquia facéndoas súas o Partido Popular". O socialista atribúe a xestión do programa Camiños da Cultura ao mandato de Efrén Juanes ante a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

A través dun comunicado de prensa os socialistas afirman que a cultura "paralízase totalmente co Partido Popular de Nigrán, nin concertos, nin charlas, nin rutas guiadas, nin bandas de música na Ramallosa, nin por en valor o noso patrimonio, ni un grupo nin un artista de Nigrán no calendario cultural, nin nada que supoña potenciar as actividades culturais en Nigrán."

O PSOE entende que o concello " debe seguir sendo un referente en actividades culturais diversas e en todas as parroquias como foi durante o verán 2010". Por iso a través do devandito comunicado esixe ao alcalde Alberto Valverde e a súa concelleira de Cultura e Turismo Liliana Silva que "adiquen máis tempo ao Concello e aos seus veciños e veciñas que dende o primeiro día teñen abandonado, que xestionen os moitos recursos que ten este concello e que o fagan tamén diante de outras administracións".