Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Concentración anti aborto en Nigrán ante o aniversario da lei de interrupción voluntaria do embarazo.

Concentración anti aborto en Nigrán ante o aniversario da lei de interrupción voluntaria do embarazo.

Correo-e Imprimir PDF
Velada anti aborto ás portas do Concello de Nigrán.

Un grupo dunhas corenta persoas manifestáronse na tarde do domingo 3 de xullo ás portas do concello de Nigrán en rexeitamento á Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e Interrupción Voluntaria do Embarazo. A concentración foi convocada pola organización Derecho a Vivir ante a chegada do primeiro aniversario da entrada en vigor da devandita norma a cumprirse este martes 5. A convocatoria realizada a través de Internet congregou manifestacións similares baixo o nome de "Veladas" en máis dun centenar de cidades de España e no exterior. En Galicia desenvolvéronse esta Veladas en A Coruña, Ferrol, Lugo, Pontevedra, Vigo e Nigrán.

Derecho a Vivir é unha campaña de información e concienciación sobre o aborto, iniciada e promovida por HazteOir.org (organización de tendencia conservadora - católica) desde o 8 de setembro de 2008, que comezou tras o anuncio da Lei do aborto por parte do Ministerio de Igualdad de España. A campaña circula ao redor da súa páxina web: www.derechoavivir.org.

Desde esta campaña, apoiouse e divulgado o Manifesto de Madrid, cuxo principio básico é que o aborto é a interrupción "dunha vida humana", polo que "nin é nin pode ser un dereito".