Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE de Nigrán acusa ao goberno do PP do derribo das Casetas de Ramiro na Ramallosa.

O PSOE de Nigrán acusa ao goberno do PP do derribo das Casetas de Ramiro na Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF
casetas-de-ramiro-a-ramallosa

O PSOE de Nigrán denuncia ao goberno popular de Antonio Valverde pola destrución das “Casetas de Ramiro”, situadas no paseo da Ramallosa. Os socialistas informan que as mesmas foron realizadas por persoas voluntarias de Nigrán e que serviron os últimos catro anos como centro de actividades festivas e sobre todo "de promoción e visualización do traballo do Centro de Educación Especial Juan María de Nigrán".

"Dende o Partido Socialista condenamos abertamente esta actitude do PP que pretende borrar cunha maza todos aqueles valores que calqueira sociedade moderna quere transmitir aos seus cidadáns", afirma unha misiva asinada polo portavoz Juan González. O socialista agrega que "É lamentable que o Alcalde de Nigrán e o seus concelleiros teñan asistido á comida de confraternidade do Juan María este sábado cando tan só unas horas antes derrubaran un dos símbolos do traballo diario de estas persoas con discapacidade que encheron de esperanza e luz Nigrán durante os últimos catro anos."