Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Once socorristas velarán pola seguridade dos bañistas nas praias de Nigrán.

Once socorristas velarán pola seguridade dos bañistas nas praias de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde Alberto Valverde (ao centro) con 9 dos 11 socorritas contratados para a tempada de verán.

Desde o pasado 15 de xuño e ata o próximo 15 de setembro as praias de Nigrán contarán con once socorristas para velar pola seguridade dos bañistas nos meses de verán. Tres deles son de Nigrán, dous de Gondomar, cinco de Baiona, dous de Vigo e un de Pazos de Borbén.


A contratación dos auxiliares realizouse a través dun programa de cooperación subvencionado pola Xunta de Galicia que prima a inserción de desempregados para a prestación de servizos de interese social, informou o Concello.

O proceso de selección foi realizado polas oficinas do Servizo Público de Emprego de Baiona, aínda que a responsabilidade última recaeu no Concello de Nigrán.

O alcade Alberto Valverde destacou a profesionalidade do persoal de socorristas que patrullará as praias este verán, "ya que todos cuentan con el título de socorrismo acuático".

A tradicional contratación destes auxiliares para a tempada do verán  requiriu a formación complementaria en primeiros auxilios ou atención en urxencias, a experiencia en postos similares,e o dominio do galego nos aspirantes. Segundo información da administración tívose en conta tamén a situación laboral, " la edad o el sexo" e tiveron preferencia "los desempleados de larga duración, las mujeres y los menores de 30 y mayores de 45 años".