Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Investidura de Alberto Valverde como alcalde de Nigrán

Investidura de Alberto Valverde como alcalde de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
investidura_valverde

"Un alcalde aberto á xente", así definiuse Alberto Valverde, rexedor a partir de hoxe no concello de Nigrán. Nunha breve pero emotiva cerimonia de investidura, Valverde recibiu o apoio dos seus nove concelleiros do PP, e un xesto político da oposición, a cal non votou a outras alternativas e preferiu a abstención no momento do voto. Na mesma mañá da investidura, Valverde deu a coñecer a relación completa de concellerías cos seus respectivos responsables, na que se confirma a titularidade do médico Alberto García Pazos ao fronte de Economía, Facenda e Contratación.

Ao grito de “Alcalde”, “Alcalde”, Alberto Valverde foi recibido á saída do salón de plenos polos centos de persoas que encheron as instalacións do Concello de Nigrán. Previamente, o popular achegou unha mensaxe de apertura ao diálogo con todas as forzas políticas e sociais do municipio á hora de gobernar. Salientou o camiño andado en materias tan importante como urbanismo e sinalou a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal como unha das prioridades do seu mandato.

O novo equipo de goberno do Concello de Nigrán.

O novo equipo de goberno de Nigrán estará composto exclusivamente polos 9 concelleiros populares.

Alberto Valverde, Nigrán  Licenciado en Ciencias Políticas e empregado de banca.  Alcalde e responsable de Seguridade.

Ignacio Vilas González, Prigue, 61 anos, arquitecto técnico e enxeñeiro de edificación. Urbanismo

Alberto García Pazos, Parada, 50 anos, médico. Economía, Facenda e Contratación.

Liliana Silva Pequeno, Panxón, 30 anos, asesora en telecomunicacións.Turismo, Cultura e Deporte.

Ana Rosa Costas Abalde, Camos, 39 anos, empresaria. Educación e Persoal.

José Alvárez Valverde, San Pedro,  51 anos, empresario.Vías e Obras.

María del Carmen Alonso-Macías Jorreto, Priegue, 51 anos, farmacéutica. Benestar Social e Sanidade.

Rosa Rodríguez Rodríguez, Chandebrito, 29 anos, licenciada en empresariais.Promoción empresarial e Comercio.

María José Pino Fernández, Nigrán, 42 anos, ama de casa. Patrimonio, Igualdade e Xuventude.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site