Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UPyD presenta o seu programa e candidaturas en Parada coa presenza do alcaldable Jorge Sanromán.

UPyD presenta o seu programa e candidaturas en Parada coa presenza do alcaldable Jorge Sanromán.

Correo-e Imprimir PDF
Jorge Sanromán presentará o seu programa na parroquia de Parada.

Unión Progreso y Democracia de Nigrán presenta o seu programa e candidaturas de cara ás eleccións municipais este venres 13 de maio, ás 21:30 horas na parroquia de Parada. Na ocasión estará presente o candidato a alcalde de UPyD , Jorge Sanromán, acompañado do número 6 da lista David Costas Nande , veciño da parroquia.

UPyD anuncia a busca de políticas orzamentarias que traten de maneira equilibrada ás parroquias, priorizando planes estratéxicos baseados na necesidades reais das mesmas. "Estas desigualdades entre barrios y parroquias son una de las principales quejas que los ciudadanos han trasladado a Sanromán en las reuniones mantenidas con los colectivos vecinales los últimos meses", manifestan dende UPyD. Pola súa banda, Sanromán afirma que "mi forma de gobierno se basará en criterios que primen la igualdad, la equidad y la solidaridad en el reparto de los recursos del Ayuntamiento, vivan donde vivan los ciudadanos, y voten a quien voten."

Sanromán comunicará a súa decisión de, en caos de obter a alcaldía de "continuar con la tramitación del PXOM iniciado en la actual legislatura para no permanecer en la parálisis en la que está sumido este municipio, colaborando a la vez y de manera eficaz a la creación de empleo, ya que actualmente registra unas cifras alarmantes de desempleados en nuestro municipio."

O saneamento das contas municipais, a seguridade pública, a situación da policía local, e a implantación dun proceso de formación do orzamento municipal que contemple a participación directa de veciños e parroquias, integran o programa que se presentará no acto a celebrarse na Asociación de Veciños de Parada.

Ao rematar o acto, Jorge Sanromán e a totalidade dos compoñentes da candidatura trasladaranse a un local anexo onde se compartirá un viño e confraternizará cos asistentes.