Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Pleno de Nigrán desconxelará o trámite na Xunta para declarar a Monteferro "Paisaxe protexido".

O Pleno de Nigrán desconxelará o trámite na Xunta para declarar a Monteferro "Paisaxe protexido".

Correo-e Imprimir PDF
Monteferro.-Al-fondo-las-islas-Cies

Monteferro está indefensa. A península so conta cunha declaración de "Espazo de especial interese paisaxístico" na ordenanza municipal. Unha figura urbanística menor que non pode facer fronte aos múltiples intereses que preman esta zona emblemática das Rías Baixas. Por iso este xoves 30 de marzo, o pleno da corporación de Nigrán decidirá remover o expediente "conxelado" na Xunta de Galicia dende e época do Bipartito, para obter unha Declaración de Paisaxe Protexido para Monteferro. A necesidade de dotar de maior protección legal a este espazo será defendida polo concelleiro de Medio Ambiente de Nigrán, Juan Hermida. O obxectivo de incluír a Monteferro na Red de espazos protexidos da Xunta "é un paso básico, e un nivel de protección autonómico fundamental", explicou. Estratexicamente é importante implicar a Xunta na defensa de Monteferro, sinalou Hermida.

O concelleiro tamén está traballando coa Comunidade de Montes de Monteferro na procura de solucionar dous temas urxentes: a degradación do bosque por efecto das especies invasoras como a acacia, e a incompatibilidade normativa entre os planes de explotación do monte que a comunidade ten asinados con Medio Rural, e a ordenanza local, que sanciona como ilegais moitas das acciones a desenvolver. Hermida puxo como exemplo os cortes a mata raza na área forestal, que o plan de explotación esixe e o Concello prohibe, o que provoca unha morea de expedientes iniciados por ilegalidade urbanística contra a comunidade. Ao respecto o Concello ven traballando con Medio Rural neste tema, informou o concelleiro. Hermida manifestou que búscase por ambas institucións un modelo de protección que permita coordinar de forma sustentable a explotación forestal da Comunidade de Montes coa mellora da calidade do monte.