Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PP acusa ao PSOE de utilizar bens e funcionarios municipais no acto do Hotel Sotomayor.

O PP acusa ao PSOE de utilizar bens e funcionarios municipais no acto do Hotel Sotomayor.

Correo-e Imprimir PDF

O PSOE de Nigrán utilizou cadeiras transportadas por funcionarios municipais durante o acto de lanzamento da súa lista de cara ás eleccións de maio de 2011. O feito foi denunciado polo candidato popular Alberto Valverde, quen difundiu como proba, unha fotografía tomada cun móbil por un asistente ao acto do pasado xoves 24 de marzo no Hotel Sotomayor de Nigrán. O PP librou un comunicado no que afirma que “tras la apropiación partidista de actos municipales como la inauguración la semana pasada de la Plaza Carlos Casares”, o ocorrido no devandito acto “ es la demostración de que González y el PSOE no respetan nada ni a nadie y creen que el Concello les pertenece”.

Pola súa banda, o socialista Juan González respondeu que “As sillas propiedade do Concello de Nigrán son prestadas e levadas sempre que calquera colectivo social, cultural ou veciñal así o solicita e para calquera tipo de acto”. Sen embargo, Valverde sostén que “Durante los cuatros años de mandato socialista, varias asociaciones vecinales y culturales, incluso comisiones de fiestas, vieron como se les negaba la utilización de estas mismas sillas para la organización de eventos.”

Segundo o afirmado polo PP de Nigrán, os socialistas terían negado por exemplo a cesión das devanditas cadeiras cando as asociacións as solicitaban co fines gastronómicos. “… la excusa para no dejar las sillas por parte de este gobierno local era que se podían manchar, y ahora vemos que el PSOE pueden utilizarlas sin ningún tipo de problema”, argumenta Valverde. A denuncia popular, fala de cerca de cen cadeiras gravada co nome Nigrán e o de algunhas concellerías, transportadas nun camión do Concello e descargadas por empregados municipais ”como si fuesen voluntarios y material de partido”, afirman.

Juan González, respondeu ás acusacións dos populares dicindo que “Alberto Valverde acabara facendo bo a seu predecesor no PP, Alfredo Rodriguez o cal ao igual que agora o PSOE nunca negou o uso de sillas para actos de calquera tipo no concello de Nigrán.” E puxo como exemplo que no acto “das Angustias do PSOE en 2007 usáronse, como é lóxico, as sillas do concello.”