Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O BNG realiza unha xuntanza coa mocidade de Nigrán na antiga estación de tranvías da Ramallosa.

O BNG realiza unha xuntanza coa mocidade de Nigrán na antiga estación de tranvías da Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF
crisitinafernandezenquisarapaza

Este sábado día 26 o BNG de Nigrán, convoca á mocidade de entre 16 a 32 anos a unha xuntanza coa intención de escoitar  as súas opinións e inquedanzas relativas a temas do concello. A reunión é de carácter aberto "sen importar a cor política nin prexuízos", anuncian os organizadores. A cita é ás 12:30 no 2º andar da antiga estación de tranvías da Ramallosa (fronte ao cine Imperial).

Algúns temas a tratar serán : a Biblioteca de Nigrán, a falla dunha casa da Xuventude e un auditorio; o transporte público; o transporte e conexións coa Universidade;  a oferta educativa e os centros de Ensino; as instalacións deportivas e culturais; o medio ambiente; o mercado laboral e as ofertas de emprego xuvenil.