Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán: Goberno e oposición instrumentan medidas para dinamizar o acceso ao emprego .

Nigrán: Goberno e oposición instrumentan medidas para dinamizar o acceso ao emprego .

Correo-e Imprimir PDF
Goberno e oposición miran a Porto do Molle na procura de dinamizar o emprego en Nigrán.

Goberno e oposición de Nigrán mobilízanse na procura de medidas que incrementen a oferta de postos de traballo para os seus veciños. Mentres o alcalde Efrén Juanes ordenou dar absoluta preferencia aos nigranenses nas candidaturas tramitadas dende a Bolsa de Emprego Municipal, os populares a través do seu portavoz Alberto Valverde, solicitarán a creación de canles formais entre as empresas de Porto de Molle e o Concello có fin de alcanzar acordos na materia.

Na exposición de motivos da moción presentada polos populares pode atoparse a razón desta coincidencia “non pactada” en materia de iniciativas: 1526 persoas empadroadas en Nigrán están sen traballo a xaneiro de 2011. 769 mulleres e 757 homes do termo municipal están rexistrados en calidade de desempregados polo Servizo Público de Emprego Estatal. “Ante esta situación, además de las medidas que puedan tomar las diferentes administraciones, el Ayuntamiento de Nigrán y, en especial su gobierno local, está obligado a plantear iniciativas y a tomar decisiones que vayan encaminadas a poner freno a este incremento del número de desempleados que lamentablemente tiene nuestro municipio”, afirma Alberto Valverde na devandiata moción.

A moción de acordo do PP de Nigrán.

Os populares solicitarán que o Alcalde de Nigrán instrumente canles de comunicación “oficiales y directos” con tódalas empresas que xa informaran e mais as que vaian notificando a súa próxima instalación no Parque Empresarial Porto de Molle có fin de “alcanzar algún compromiso para que en la medida de lo posible los puestos de trabajo creados y ofertados por estas empresas puedan ser ocupados por desempleados de nuestro municipio”. O texto da moción complementa que deberase comunicar ao pleno municipal “puntualmente y por escrito” dos avances e compromisos que nesta materia acorden o Concello e as empresas instaladas en Porto de Molle.

Os populares entenden que a sinatura do convenio entre Zona Franca e o Concello de Nigrán “fue una oportunidad desprovechada”, pois no texto do acordo non se inclúe ningunha cláusula con incentivos ou “motivación” ás empresas que contraten veciños que vivan no concello.

As medidas do goberno socialista de Nigrán.

Pola súa banda, dende o Concello aclaran que as competencias en materia de emprego son limitadas nas administracións locais. Agregan que o Concello non ten potestades para obrigar ás empresas a contratar a ningunha persoa nin a fixar perfiles de ningún tipo. O que si está a facer o alcalde es manter un diálogo con tódalas empresas a instalarse no polígono industrial e aquelas que visitan a administración coa intención de radicarse no municipio. Nesas instancias o alcalde Efrén Juanes informa aos empresarios da existencia dunha bolsa de emprego municipal con dez anos de funcionamento, así como das “bondades e vantaxes” da contratación de persoal radicado en Nigrán.

Nese senso, Efrén Juanes emitiu a orde de colocar un “filtro automático” na base de datos da bolsa de emprego, e mais unha declaración xurada que de prioridade aos veciños de Nigrán, e entre eles ás persoas desempregadas inscritas nos servizos públicos correspondentes, afirmou a concelleira Purificación Leal de Promoción de Emprego do Concello. A devandita bolsa de emprego ten rexistradas a persoas de tódolos perfís e procedencias, que “no momento da súa inscrición, autorizaron formalmente ao Concello á utilización dos seus datos persoais para temas relacionados co traballo e a formación, e cubriron unha ficha sobre os principais aspectos da súa busca de emprego”, informa a Concellería. A estes aspectos engadirase “a partir deste momento unha declaración xurada sobre o empadroamento dos interesados”, agrega Leal. Os aspirantes a formar parte desta bolsa de emprego deberán acreditar nese documento unha antigüidade de máis dun ano no rexistro de empadroamento de Nigrán. A Concellería de Promoción de Emprego informa que esta bolsa terá un “carácter especialmente importante nas posibles relacións que se establezan coas empresas que se sitúen no polígono empresarial do Porto do Molle”.

A Concellaría informou que durante o primeiro trimestre de 2011 foron atendidas unhas 2000 persoas, na recepción de currículums a ingresar na base de datos da bolsa de emprego. A partir da segunda quincena de abril se abrirá un novo prazo de inscrición á mesma.