Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Comezan as obras de humanización da Praza de Sancho en Panxón cunha inversión de 55.457€

Comezan as obras de humanización da Praza de Sancho en Panxón cunha inversión de 55.457€

Correo-e Imprimir PDF
praza-sancho

Dende o pasado 1 de marzo a empresa Hidroscivil deu comenzo ás obras de humanización e rexeneración da Praza Pública de Sancho en Panxón. Lugar de encontro de veciñas e veciños de este poboado barrio da parte alta de Panxón, a obra de 55.457 € renovará firmes, cambiará espazos degradados e incorporará a pedra e lastras envellecidas como parte importante da nova fisionomía da praza, anuncian dende a Concellería de Urbanismo de Nigrán. As obras incluirán asemade a mellora do Parque Infantil así como a restauración do Lavadoiro e as presas de auga que proporcionan a este lugar o seu carácter de praza de encontro das xentes ao redor do lavadoiro e dunhas presas que servían para distribuír as augas de rego das fincas agrícolas.

Nova iluminación e o novo mobiliario urbano "farán da Praza de Sancho un renovado punto de encontro da cidadanía nas prazas do seu pobo un dos obxectivos de este goberno municipal de Nigrán e da Concellería de Urbanismo", afirmou o 1º Tenente de alcalde Juan González.,

Esta obra está financiada polo Plan de Inversións da Deputación de Pontevedra do ano 2009 segundo o proxecto e petición feita polo Concello de Nigrán e ten un prazo de execución de un mes.