Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Un acordo asinado en 2009 comprometía ao Concello de Nigrán a aportar unha subvención ao Nigrán C.F.

Un acordo asinado en 2009 comprometía ao Concello de Nigrán a aportar unha subvención ao Nigrán C.F.

Correo-e Imprimir PDF
O Concello de Nigrán comprometiouse a subvencionar ao Nigrán C.F en 2009.

O alcalde Efrén Juanes asinou en setembro de 2009 un acordo co Nigrán C.F. e a A.D. Val Miñor Nigrán Caixanova, polo que comprometíase a aportar anualmente unha subvención económica co fin de "facilitar o sostemento das actividades", das devanditas institucións, segundo o escrito. O documento do acordo, amosado polo concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN) a Valminor. info, sostén que "o Concello de Nigrán recoñece a realidade, a potencialidade e a repercusión social do labor de promoción deportiva que xeran os respectivos proxectos". Sen embargo, un ano e medio despois portavoces da administración municipal admitiron a este medio que non se destinou ni un só euro dos fondos prometidos. Fernández Comesaña estendeu a súa preocupación ao resto das institucións deportivas do municipio e opinou que de manterse a actual política "poidan verse abocados a desaparecer a curto prazo os clubs de fútbol do municipio". Comesaña sinalou especialmente o caso do club Nigrán/Val Miñor, "ante as graves dificultades económicas polas que atravesa, máxime despois dunha boa campaña levada a cabo e que puidese alcanzar o ascenso á terceira división, co que tamén representa na promoción turística e de imaxe para o municipio."

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes Manuel Doldán, expresou que o Concello non está nunha situación económica que lle permita afrontar eses compromisos "asinados cando el non estaba ao fronte da concellería de Deportes", ocupada nese intre polo entón representante do BNG no goberno, Xosé Lois Gutiérrez. En contestación ás afirmación de Fernández Comesaña, Doldán expresou que o concelleiro "coñece ben" as medidas altamente restritivas que o municipio debeu asumir ata 2015 para sanear a súa economía. "Medidas moi drásticas", agregou Doldán que impiden entre outras cousas contar cunha partida extraxudicial de crédito para abonar uns 18.000 euros que a directiva do Nigrán C.F. pedira un mes atrás nunha reunión mantida co alcalde Juanes. Para Doldán, ademais, o Concello ten pola mesmas razóns unha débeda coas asociacións veciñais e culturais do municipio que de asumir o compromiso co equipo de fútbol tamén deberían atender. O concelleiro de Deportes informou que a administración prioriza nestes momentos a colaboración coas institucións que traballan coa "canteira".

Esta última afirmación de Manuel Doldán non é compartida por UCN. Fernández Comesaña, asegurou que os máis de 1000 deportistas de tódalas idades que practican fútbol na bisbarra sofren o "desprezo máis absoluto" por parte do goberno socialista. Proba diso, afirma o líder de UCN, é a resposta que dera o alcalde Efrén Juanes no último pleno municipal sobre o non pago das subvencións prometidas, escudándose "nos problemas económicos", e ofertando xestionar a través do Concello a busca de respaldo aos equipos de fútbol con publicidade das empresas que se instalarán no parque empresarial Porto do Molle. Fernández Comesaña afirmou que é unha "auténtica vergonza "como solución. "Poden seguir esperando!" agregou.