Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Alberto Valverde acusa a Efrén Juanes de gobernar grazas a 12 millóns de euros "caídos del cielo".

Alberto Valverde acusa a Efrén Juanes de gobernar grazas a 12 millóns de euros "caídos del cielo".

Correo-e Imprimir PDF
 Alberto Valverde e José Álvarez Valverde nas obras da Rúa Casanova, en Parada

Alberto Valverde criticou a falla de xestión do goberno socialista de Efrén Juanes ao que acusou de recibir “caídos del cielo” máis de 12 millóns de euros nestes catro anos. O candidato a alcalde do PP de Nigrán opinou que de non ser por estes fondos procedentes das distintas administracións “para os que non tiveron que facer xestión algunha”, o goberno de Juanes pasaría á historia como “o peor goberno local dos últimos tempos”. As declaracións do portavoz popular foron realizadas logo dunha percorrida polas parroquias de Nigrán onde se están a desenvolver obras financiadas polo Plan de Inversións da Deputación de Pontevedra 2009-2011. Este plan deixará melloras en estradas e obras públicas no municipio por un monto de 1.1 millóns de euros, informou Valverde.

Entre as obras visitadas o martes pasado figuran as de a praza San Roque (Camos), a de San Pedro e mais a de Sancho en Panxón, e diversas rúas e camiños das parroquias de Nigrán como Casanova en Parada, Bouzavella , Camiño da Madorra e Do Lavadouro en Panxón. Tamén na parroquia de Nigrán, en compaña doutros membros do PP, Alberto Valverde visitou o Camiño da Teixugueira, o Camiño da Torriña e Bel entre outros.

O candidato do PP afirmou que de non ser por estes fondos procedentes dos distintos planes anticrises e os fondos xerados polo convenio co Consocio de Zona Franca de Vigo por Porto do Molle, este sería o por goberno dos últimos tempos de Nigrán. Alberto Valverde cualificou á administración do alcalde Efrén Juanes de “goberno débil” , que “escudouse permanentemente na mala situación económica para xustificar a súa inactividade”.