Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán PSdeG-PSOE Nigrán presenta a lista de candidatos ás muncipais 2011.

PSdeG-PSOE Nigrán presenta a lista de candidatos ás muncipais 2011.

Correo-e Imprimir PDF
O equipo socialista de cara ás eleccións municipais 2011.

Con tres mulleres nos primeiros cinco postos, os socialisas presentaron hoxe a lista de candidatos que acompañará ao actual tenente de alcalde Juan González Pérez de cara ás próximas eleccións municipais.

Loli Araújo Duarte, Lola Martínez Losada e mais Rosa Vilán Costas preceden a Rúben Rial Sánchez e ao concelleiro e secretario xeral do partido Manuel Doldán Costas, único edil con Juan González que repiten dentro dos 10 primeiros lugares da lista. Nos últimos lugares como mostra de apoio, figuran o actual alcalde Efrén Juanes, a secretaria persoal do alcalde e mais tres dos actuais concelleiros do goberno muncipal.

O candidato a alcalde dos socialistas de Nigrán, Juan A. González Pérez, encabezará unha lista composta por dez homes e dez mulleres onde se atopan representantes de todas as parroquias do municipio. Segundo González a agrupación ten por obxectivo “conseguir a maioría absoluta que permita configurar un goberno estable e que consolide o traballo realizado nos últimos catro anos en Nigrán dando resposta as necesidades de todos os cidadáns”.

A número dous da lista é Loli Araujo Duarte da parroquia de Parada, traballadora Social é Directora de Centro de Día; a número tres Lola Martínez Losada de Vilariño-San Pedro da Ramallosa, foi presentada como unha persoa con ampla experiencia no eido laboral de economía e empresa; a número catro Rosa Vilán Costas é empresaria de Camos e Auxilar de Clínica no Centro de Maiores Bellavista de Priegue; no número cinco Rubén Rial Sánchez de Nigrán, Técnico Superior en Producción por Mecanizado e membro do GRUIMIR do Val Miñor; o número seis é para Manuel Doldán Costas, actual Concelleiro e Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Nigrán; de número sete Ana Pérez Pérez, Diplomada en turismo de Chandebrito; de número oito Rafael Iglesias Fernández, empregado e deportista; como número nove José Luis Taboada, funcionario do Porto de Vigo e dirixente veciñal de San Pedro da Ramallosa; o número dez é para Bibiana Peixoto Iglesias de Vilariño - San Pedro da Ramallosa, Diplomada en Educación Infantil.

Completan a lista Katia Comesaña Santiago, Diplomada en Dietética e veciña de Panxón; José Fernández Rodríguez, xubilado de Citröen veciño de Nigrán; José Luis Varela Aballe xubilado de Telefónica veciño de Panxón; Antón Carreira Padilla, empregado do Xulgado veciño da parroquia de Priegue; Joaquina Barros Sanromán, Relacións Laborais e actual Secretaria do Alcalde, e  pechando a lista a Concelleira de Turismo, Estela Pérez Pérez e Efrén Juanes Rodríguez, Alcalde de Nigrán.

Como suplentes Cándido costas Fernández, Concelleiro de vías e obras, Purificación Leal Docampo, actual Concelleira de Emprego e Igualdade, o empresario autónomo Laureano Álvarez Pereira e a xubilada Belén Hernández Santibáñez.