Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Programa Xuntos no Nadal, para persoas maiores.

Programa Xuntos no Nadal, para persoas maiores.

Correo-e Imprimir PDF
Xuntos no Nadal

A Concellería de Benestar Social do Concello de Nigrán organiza o programa “Xuntos no Nadal”, dirixido a persoas maiores de 65 anos ou pensionista maior de 60, residentes en Galicia, que valéndose por si mesmas e contando con escasos recursos económicos se atopen sós no Nadal. Trataríase de gozar de forma gratuíta duns días de vacacións, coa posibilidade de compartir estas festas nun clima de convivencia e participación.

Os beneficiarios da provincia de Pontevedra poderán asistir a Residencia de Tempo Libre de O Carballiño, do 24 de decembro o 1 de xaneiro de 2010.

O programa inclúe: traslado desde o Centro Sociosanitario que se lle indique, estancia en habitación dobre, en réxime de pensión completa, réxime alimenticio especial para as persoas que por prescrición médica o requiran, asistencia sanitaria e actividades de animación sociocultural.

Os interesados deben dirixirse o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán os martes e xoves en horario de 9:00 a 14:00 horas, antes do 26 de novembro