Os veciños formalizaron a queixa o pasado 4 de novembro, nun documento presentado ao Concello de Nigrán. Na misiva, os reclamantes piden máis vixilancia na zona, así como a instalación dun punto limpo para tratar o devandito problema.
Pola súa banda, o alcalde Efrén Juanes, que visitou a comisión de veciños este domingo pola mañá, recoñeceu as limitacións das infraestruturas do concello para facer fronte á tempada de podas. Ao mesmo tempo, requiriu o apoio dos veciños, solicitándolles que tomen o número das matrículas dos vehículos que fan as descargas ilegais, e informen ao Concello xa que pode aplicar multas aos responsables de ata mil euros.
Dim lights Embed Embed this video on your site