Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O â??Colexio de Mallónâ?? celebra os carnavais

O â??Colexio de Mallónâ?? celebra os carnavais

Correo-e Imprimir PDF

Engalanado coas súas mellores galas, os alumnos do Colexio de Mallón, en Nigrán,  celebran o Entroido 2004, nunha festa conxunta cos pais/nais e ANPA.

O acto iníciase cunha exhibición de baile moderno programada pola ANPA para continuar, por parte do Colexio, cun desfile de comparsas radiantes de luz e colorido.

 

As distintas comparsas, que desfilaron en presencia de numeroso público que acudiu ás dependencias do Colexio, deixáronnos constancia de que a loita entre don Carnal e doña Coresma  quedaba entronizada na nosa Comunidade.

Nun precioso espectáculo, que cativou a admiración dos presentes, escenificaron varios pasos  das Carnestolendas como preludio dunhas festas de profunda raizame popular.

Detrás de cada comparsa reflíctese a propia imaxinación dos alumnos que se transformaron en varias especies animais, como arremedo  dunha sociedade a  que queren fustrigar e coa que se senten desconformes.

 

Os traxes foron confeccionados nos obradoiros do Colexio polos propios alumnos coa ilusión de transformar o mundo real polo mundo da fantasía onde todo funciona ó revés, ben como crítica ben como  desexo de que as cousas cambien.

 

Desde o Colexio e desde a comunidade educativa, amosamos o noso interese e facemos votos para que a loita entre don Carnal e dona Coresma retomen a importancia de antano e non deixemos a nosas festas en virtuais museos de recordos.