Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Reclamo do servizo do DNI para Nigrán

Reclamo do servizo do DNI para Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Antonio Fernández Comesaña
Antonio Fernández Comesaña, candidato á alcaldía por Unión Centrista de Nigrán, reclamou a posibilidade de poder tramitar o DNI no propio municipio. O edil preguntou no pleno polo motivo de que concellos como Baiona ou Ponteareas conten con este servizo e Nigrán non.

A petición foi formalizada durante o último pleno celebrado o pasado 27 deste mes. Comesaña sinalou que a demora, de ata dous meses, na entrega das quendas, xera prexuízos ás persoas que deben quedar, en moitos casos, coa documentación vencida.

Pola súa banda o alcalde, Efrén Juanes, informou que a policía fundamentou a negativa de instalarse en Nigrán pola súa proximidade con Vigo.