Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Un veciño de Nigrán salva a vida tras incendiarse e afundirse o seu iate en Aldán

Un veciño de Nigrán salva a vida tras incendiarse e afundirse o seu iate en Aldán

Correo-e Imprimir PDF
Un iate de 13,5 metros de eslora ardeu onte por completo en ría de Aldán, na que fondeaba, preto da praia das Anteles. A embarcación era propiedade de Joaquín T.P, de 64 anos de idade e veciño de Nigrán. saíra pola mañá do Real Club de Yates de Bayona, onde tiña base a embarcación, co depósito de 300 litros cheo para percorrer as Cíes.

Como había xa feito noutras ocasións, Joaquín fondeou en Aldán, na proximidade da praia de Anteles, disposto a pasar a noite. Foi ao redor das 4 da madrugada de onte cando o veterano patrón espertouse alertado por un intenso cheiro a queimado que procedía da vitrocerámica do barco.

Continúa no Faro de Vigo