Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os alumnos/as do “Obradoiro de Emprego Nigrán II” comenzan as obras de rehabilitación da antiga Esco

Os alumnos/as do “Obradoiro de Emprego Nigrán II” comenzan as obras de rehabilitación da antiga Esco

Correo-e Imprimir PDF
 Despois de pasar o seu período de formación os alumnos/as do “Obradoiro de Emprego Nigrán II” comenzan as obras Rehabilitación da antiga Escola de Nenas, Camiño do Labrego s/n (Cean-Nigrán). Así, dende o pasado luns, o taller de albanelería comenzou a limpar o terreno, retirar pedras, limpeza e picado dos paramentos exteriores. Estas obras recuperarán urbanisticamente un espazo municipal para adicala a Centro Vecinal e Social da parroquia de Nigrán, lembremos que Nigrán é a única parroquia do municipio que non dispón dun local onde reunirse a veciñanza. Trátase dunha parcela de 238 m2 da que está ocupada coa edificación 115,30 m2. Esta reconstrucción integral dotará o edificio dunha saa principal multiusos, unha oficiña e dous baños.    Tamén os alumnos de electricidade comenzaron a Rehabilitación da vivenda unifamiliar “Casa do Conserxe no CEIP Humberto Juanes (Nigrán)”. A edificación está destinada a vivenda e divídese en recibidor, salón, distribuidor, cocina, baño e tres dormitorios. Dispón ademáis dun patio aberto ao que accédese dende o recibidor. A superficie total é 137,31 m2. O destiño da obra é a de vivenda do conserxe/a do CEIP Humberto Juanes. 

No “Obradoiro de Emprego Nigrán II” están a traballar ata xuño de 2009 36 personas maiores de 25 anos para a súa formación e ocupación profesional nas especialidades de carpintería (12 traballadores/as), albanelería (12 traballadores/as) e fontanería/electricidade (12 fontanería/electricidade). 

A Concellalía de Emprego do Goberno de Nigrán, dirixida por Puri Leal, ten moi claro que é unha responsabilidade dos gobernos municipais, e así o plantexamos en Nigrán dende a chegada a Alcaldía, a necesidade de que a administración local  participe en aquelas accións que conleven a formación e sobre todo ao emprego dos nosos vecinos, contribuirá a formación e o emprego (lembremos que os traballadores/as están contratados dende o primeiro día por parte do concello e por elo reciben o 150 % do salario mínimo interprofesional.) 

Por outra banda cubrirá un obxectivo primordial como é a recuperación do Patrimonio Municipal e a súa utilización con fins municipais, sociais, culturais ou  veciñais., ademáis é completamente necesario `por en valor o noso patrimonio para polo en valor e para que non desaparezca co paso do tempo.