Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán contará cun novo centro para a atención de persoaas con discapacidade

Nigrán contará cun novo centro para a atención de persoaas con discapacidade

Correo-e Imprimir PDF

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, anunciou o investimento de 7,3 millóns de euros para a construción de catro centros para atender a persoas con discapacidad, para o que asinou convenios con outras tantas asociacións que traballan neste ámbito.

Destacou durante a súa intervención ante os medios de comunicación que estes novos centros crearán un total de 250 prazas, 70 de atención diurna e 180 de atención residencial. Concretou, ademais, que o 75 por cento do total de prazas creadas poñeranse a disposición da rede pública de atención.
Así, dous dos centros estarán localizados en Vigo, outro en Nigrán e o último no concello ourensano de Peroxa.

En canto aos prazos de construción, o primeiro dos centros estará terminado a principios de 2009 e o últimos estará construído a mediados de 2010. O vicepresidente da Xunta informou de que estes catro centros enmárcanse no ‘Plan de Equipamientos de atención a persoas con discapacidad 2008-2010’, que conta cun orzamento de 35,4 millóns de euros.

Ademais, Quintana presentou a ‘Guía de vantaxes e medidas de apoio’ para persoas con discapacidad, que contén ‘todos os programas, servizos e centros’ que se están executando desde a Xunta neste ámbito. Esta guía pretende superar o ‘contraste’ que existe entre o ‘impulso’ de novos programas e o ‘escaso coñecemento’ que se ten destes, dixo.

Por outra banda, recordou que se van a licitar de forma inmediata as obras para a construción dun centro público de atención á discapacidad, que estará ubicado en Pontecaldelas.
Quintana sinalou tamén que actualmente está en construción o Centro Galego de Desenvolvemento Integral (CEGADI), que conta cun orzamento de 8 millóns de euros.