Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán recibirá axudas da consellería de vivenda para o cumplimento das normas do hábitat.

Nigrán recibirá axudas da consellería de vivenda para o cumplimento das normas do hábitat.

Correo-e Imprimir PDF

Un total de 154 concellos, entre eles Nigrán, reciben as axudas da Consellería de Vivenda e Solo para a contratación de persoal técnico cualificado de cara ao seguimento da aplicación das Normas do Hábitat Galego.

A Consellería concedeu a axuda a todos os Concellos que a solicitaron, sendo a subvención media de 5.874 €, o que supón un investimento total de 904.631 € por parte do Departamento autonómico en 2008. O seguimento das normas de habitabilidade, a través da concesión da licenza de obra e licenza de primeira ocupación, é competencia dos concellos do mesmo xeito que o viñan facendo co anterior Decreto de Habitabilidade 311/1992 Aínda que as competencias dos concellos son as mesmas que antes da entrada en vigor da NHG, a Consellería -coñecedora da realidade de moitos municipios- concede estas axudas para facilitarlles a contratación do persoal técnico necesario.

O Departamento que dirixe a nacionalista Teresa Táboas concedeu a axuda a todos os concellos que a solicitaron, sendo a subvención media de 5.874 euros. En total, a Consellería destina unha partida de 904.631 euros a esta liña de axudas en 2008.

Os concellos disporán do mes de agosto para realizar as xestións administrativas necesarias e formalizar a contratación do persoal técnico, e a subvención da Consellería cubrirá os gastos desde o mes de setembro e ata final de ano. Para o ano 2009 o Departamento autonómico disporá dunha nova partida orzamentaria para esta liña de axudas.

O seguimento das normas de habitabilidade, a través da concesión da licenza de obra e licenza de primeira ocupación, é competencia dos concellos do mesmo xeito que o viñan facendo co anterior Decreto de Habitabilidade 311/1992. Neste senso, aínda que as competencias dos concellos son as mesmas, a Consellería de Vivenda e Solo - coñecedora da realidade de moitos municipios- concede esta liña de axudas para facilitarlles a contratación do persoal técnico necesario.

Agrupacións de concellos Do total dos 154 concellos que reciben a axuda da Consellería de Vivenda e Solo, 16 solicitaron a subvención como agrupacións. Nese sentido, concedeuse a subvención a seis agrupacións de concellos limítrofes: Monterrei e Cuadrelo, Amoeiro-Coles-A Peroxa- Vilamarín, Monterroso e Portomarín, Palas de Rei e Antas de Ulla, Cervantes-Navia de Suarna-Pedrafita do Cebreiro, Muiños-Calvos de Randín-Lobeira.

Estas seis agrupacións de concellos limítrofes deberán participar cun mínimo do 10% no orzamento total de contratación dos técnicos.