Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A Xunta destina 900.000 € para a construcción da nova Casa Consistorial de Nigrán

A Xunta destina 900.000 € para a construcción da nova Casa Consistorial de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

A Xunta de Galicia ven de publicar a axuda otourgada ao concello de Nigrán para a construcción da nova Casa Consistorial segundo un proxecto e unha solicitude feita polo Goberno de Nigrán a principios de este ano 2008. Deste xeito a administración galega volve a acceder ás peticións e xestións do goberno de Nigrán para dotar a este concello do tan desexado e necesitado auditorio municipal.

O único concello da comarca que ainda carece deste tipo de infraestructura de ocio e cultural. Esta nova ampliación do concello, que se construirá na parcela xustamante detras do actual,  unirase co actual cunha pasarela acristalada dende o 2º piso.

O concellal de urbanismo, Juan González,  asegurou que deste xeito "centralizarase todos os servizos do concello que foran "desperdigados polo goberno anterior como a comisaria da policía local no medio do monte, o departamento de urbanismo situado nun local alugado ou as dependencias de servizos sociais e emprego."

O alcalde Efrén Juanes asegurou que "é unha gran satisfacción e cúmprese un obxectivo e unha promesa electural do seu parido, que unha vez máis farase realidade."