Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Traballadores e sindicatos acusan ao concello de "reventar a folga"

Traballadores e sindicatos acusan ao concello de "reventar a folga"

Correo-e Imprimir PDF
A situación que vive o concello de Nigrán, chegaba onte a unha situación límite para a saúde pública e o concello decidiu intervir na situación ante o incumprimento dos servizos mínimos e o aviso dado polas autoridades sanitarias. Máis de 400 toneladas de lixo acumúlanse no concello de Nigrán sin que a empresa privada CESPA e os traballadores chegen a un acordo de aumento salarial. Traballadores e sindicatos manifestáronse onte esparcindo lixo diante do concello, para protestar pola medida adoitada polo goberno municipal de iniciar pola súa conta a recollida do lixo . Membros do Partido Popular sumáronse onte á manifestación diante do concello culpando ao alcalde da situación de folga.

O Goberno Municipal do Concello de Nigrán en reunión mantida con representantes da empresa concesionaria da recollida do lixo CESPA, S.A. onte ás 18:00 horas arrancou un compromiso por parte da empresa de mellorar a oferta económica na negociación do convenio colectivo cos seus traballadores.

Esta mellora económica poderá supor que ambas partes se senten a negociar ante a autoridade laboral e cheguen finalmente a un acordo que resolva definitivamente a situación de folga que castiga ós cidadáns do municipio co seu noveno día de folga. 

A mellora da oferta por parte da empresa non suporá ningún custe económico para as arcas municipais. Este plantexamento foi defendido sempre polo goberno municipal que manifestou dende o principio que o conflicto laboral pola negociación do convenio colectivo era un problema estrictamente limitado ó ámbito da empresa privada.

 

Protesta diante do concello de Nigrán.

Traballadores e sindicatos acusaron onte ao concello de "romper a folga" ao contratar un servizo externo para limpeza das zonas que presentan un verdadeiro risco para a sáude. Ante a falta de achegamento por parte dos traballadores e a empresa privada, o concello tivo que tomar medidas pola súa conta, situación que alporizou a sindicatos e traballadores.

 O PSOE de Nigrán lamentou que memebros do PP de Nigrán utilicen como ferramenta política de desgaste do goberno municipal o conflicto laboral da empresa concesioaria CESPA, S.A.

Segundo denuncian os socialistas, onte integrantes do PP instalaron pancartas diante do Concello culpando ó Alcalde da situación de folga creada polos traballadores de CESPA con motivo da negociación do seu convenio colectivo.

O PSOE lembrou que "foi o goberno do PP-PINN quen otorgou a concesión da recollida do lixo no Concello de Nigrán á empresa CESPA, S.A. a pesar das numerosas denuncias feitas polo PSdeG-PSOE nos plenos acerca das deficiencias do servicio ofertado. "

O PSdeG-PSOE de Nigrán lamentou que as lexítimas reivindicacións dos traballadores de CESPA, S.A. de mellorar os seus salarios e condicións laborais sexan instrumentalizadas políticamente contra o Goberno Municipal por aqueles que no seu día tiveron a responsabilidade de evitar que se xenerase esta situación, xa que a concesión feita en 2004 debeu recoller unha garantía de mellora das condicións dos traballadores, máxime tendo en conta que o contrato se fixo por 16 anos prorrogables a 20. 

O PSdeG-PSOE de Nigrán respaldou a decisión do grupo socialista do goberno de que o Concello non debe de asumir custe económico algún para a resolución do conflicto. Ademáis así o especifica o contrato entre o Concello de Nigrán e CESPA, S.A. onde ambas as dúas partes asinaron que "en ningún caso a negociación do convenio poderá repercutir na revisión de precios". Ademáis, solicita ós traballadores de CESPA, S.A. que no cumprimento dos servicios mínimos teñan en conta que se debe garantir a saúde pública como o único dereito xurídico a protexer por riba do dereito á folga.