Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Algúns turistas comezaron a abandoar os hoteis pola folga do lixo.

Algúns turistas comezaron a abandoar os hoteis pola folga do lixo.

Correo-e Imprimir PDF
Os hoteleiros de Nigrán reclaman una solución inmediata ao problema da folga da recollida do lixo en Nigrán.
Alertan de que algúns turistas comezaron a abandonar os hoteis ante os inconvenientes que ocasiona  A Asociación Empresarial de Hospedaje de Pontevedra (ASEHOSPO) reclamou hoxe "unha solución inmediata á folga de recollida do lixo e de limpeza de praias de Nigrán, porque non é de recibo que se produza unha situación como esta precisamente no momento álxido para o turismo da poboación".

Así se expresa o presidente da asociación empresarial, José Manuel Barbosa, quen insta a todas as partes a atopar unha solución "porque non podemos xogarnos a imaxe turística de Nigrán con medidas de presión que o único que poden conseguir son prexuízos para unha maioría en beneficio dunha minoría".

Engade o portavoz empresarial que "na situación de crise tan aguda que vivimos e tendo en conta a pouca ocupación existente, é fácil entender que o turista non queira sufrir as incomodidades que ocasiona unha folga como esta e buque alternativas para o goce das súas vacacións en concellos limítrofes ou, o que é peor, noutras zonas fóra de Galicia".

De feito, segundo os datos que manexa a asociación de hoteleros, "constatamos que algúns turistas optaron por abandonar os hoteis nos que se aloxaban a partir do tercer día de folga", o que achaca ao deixamento tanto da empresa concesionaria de recolleita como dos sindicatos e do propio goberno municipal de Nigrán.

Nese sentido engade que "é moi triste que o esforzo realizado polos empresarios hoteleros nestes últimos anos véxase agora ensombrecido por unha folga como esta, que está dando unha imaxe desastrosa a nivel nacional".

O portavoz de ASEHOSPO mostra a súa preocupación polo atraso en chegar a un acordo que permita a aplicación de servizos mínimos "é intolerable que haxa que esperar varios días para tomar medidas para paliar a incidencia da folga".

"Se unha situación como esta é preocupante en calquera momento, agora éo moito máis se temos en conta que vivimos a etapa do ano con maior afluencia de visitantes e que o turismo xa se ha resentido bastante coa crise económica".

O feito de que as rúas de Nigrán aparezan con máis de 300 toneladas de desperdicios sen recoller "é algo tercermundista", polo que emplaza á empresa concesionaria do servizo e aos sindicatos "para que fagan un exercicio de responsabilidade encamiñado a atopar unha solución inmediata".

Para José Manuel Barbosa "as altas temperaturas dos últimos días contribúen a facer máis insoportable a situación" polo que teme que se non se atopa unha saída inmediata á folga "en Nigrán non vai quedar nin un só turista, cos consiguientes danos e prexuízos non só para os empresarios do sector hostelero senón tamén para ducias de traballadores temporais que foron contratados expresamente para a tempada de verán".

 

Reclamacións económicas a CESPA polas perdas económicas por mor da folga do lixo.

O concello anima aos afectados a presentar ante o concello reclamacións polos estragos económicos ocasionados pola folga do lixo, que poderían ser reclamados directamnete á concesionaria CESPA, responsable do conflicto laboral e do incumprimento do servizo de recollida de lixo durante todos estes días.

 O concello lamenta que nin tan siquera a empresa fora quen de garantir os servizos mínimos acordados. Moitos dos contenidores de carga lateral foron xirados nas beirarrúas para que o camión non poidese valeiralos, unha actitude premeditada e que para nada entenden beneficia a finalidade que perseguen os empregados contra a empresa privada CESPA.