Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán recollerá o lixo acumulado pola folga

O Concello de Nigrán recollerá o lixo acumulado pola folga

Correo-e Imprimir PDF
O Concello de Nigrán (Pontevedra) poñerá en marcha nas próximas horas un dispositivo especial de recolleita para retirar parte do lixo acumulado neste municipio debido ao "risco sanitario" que supoñen as 400 toneladas de desperdicios que se acumulan nas rúas e praias desta localidade malia os servizos mínimos postos en marcha desde onte. CESPA axudicou o seu servizo ao concello na lexislatura pasada por máis de 200 millóns de euros.

Os traballadores da empresa Cespa, concesionaria do servizo, en folga desde o 14 de xullo, anunciaron que impedirán que se leve a cabo esa recolleita. Tránsito Fernández, responsable sindical, advertiu que o lixo "non se vai a recoller porque unha folga é unha folga e hai que respectala" á vez que explicou que non houbo avances na negociación coa empresa, que se adxudicou o servizo por máis de 200 millóns de euros.

En declaracións aos medios tras reunirse con representantes dos traballadores, o alcalde de Nigrán, Efrén Juanes (PSdeG), confirmou que existe un informe do xefe local de Sanidade que advirte da situación "moi grave" e do "risco sanitario". Ante este informe e tendo en conta de que a empresa concesionaria (Cespa) non fixo caso do ultimátum do Concello, o regidor anunciou que o Consistorio poñerá en marcha pola súa conta un dispositivo de limpeza especial, contratado con outra empresa, que iniciará a recolleita de lixo nos puntos máis sensibles nas próximas horas.

Juanes recordou que "o Concello ten o deber de actuar" e reiteró que deben ser a empresa e os seus traballadores os que cheguen a un acordo para poñer fin á folga, xa que se trata dun "conflito laboral". Así mesmo, insistiu en que as arcas municipais non asumirán o gasto extra que se derive da negociación entre as partes.

Unha negociación sen avances

Os representantes dos 27 traballadores do servizo criticaron hoxe, tras reunirse co alcalde, que o Concello de Nigrán non houbese rescindido xa o contrato á empresa, xa que esta ha incumplido o contrato desde fai meses. Nese sentido, recordaron que a folga "non é un problema de empresa, traballadores ou políticos, senón de todo o pobo".

Ademais, denunciaron que xa en outubro o Concello contratou á empresa Tragsa "para facer o traballo que non facía Cespa". Así o manifestou a responsable comarcal de CIG-Servizos, Tránsito Fernández, quen apuntou que xa houbo Concellos, como o de Redondela, que tiveron que rescatar a concesión e adxudicala a outra empresa ante os incumplimientos de Cespa.

Os representantes da CIG e da empresa reuníronse onte en Vigo, pero a oferta de Cespa, que contemplaba unha subida salarial do IPC máis un punto e unha cuarta paga do 50%, foi considerada polo sindicato "absolutamente insuficiente", polo que as negociacións se estancaron.