Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O concello decide retirar as bandeiras azuis dos areais

O concello decide retirar as bandeiras azuis dos areais

Correo-e Imprimir PDF
O Concelleiro de Medio Ambiente, Juan Hermida considera que as condicións actuais de falta de limpeza nos areais son incompatibles cos criterios de bandeira azul. Asimesmo, Juan Hermida responsabiliza desta medida única e exclusivamente á empresa CESPA, S.A. por ter xenerado un conflicto laboral cos seus traballadores e non ser capaz de negociar a resolución do mesmo. Pola súa parte, UCN denuncia pasividade por parte do goberno local á hora de abordar a solución ao conflicto.

En declaracións Hermida minifestou que "os veciños de Nigrán vimos sufrindo un servizo deficitario na recollida do lixo nos últimos anos e isto é o que nos falta, unha folga que volve a castigar aos cidadáns".

Por outra banda, trala reunión de urxencia mantida o pasado sábado 19, entre representantes do Concello e da empresa, onde se lle exisiu a resolución urxente do conflicto, lamenta que ainda hoxe (luns) ás 10 da mañá non se puxeran en contacto as partes enfrontadas "O que denota o pouco talante da empresa pola resolución do conflicto laboral".

O Concelleiro de Medio Ambiente confía en que o conflicto laboral se resolva con rapidez, xa que as condicións medioambientais das praias son óptimas de non ser pola acumulación de lixo nos areais. De feito as últimas análises recibidas das augas de baño, realizadas pola Consellería de Sanidade reflicten a práctica inexistencia de bacterias no medio, con niveis moi inferiores ó mínimo exixidos, e incluso nalgúns casos nin se detectaron.

 

UCN denuncia pasividade por parte do concello

O independente Antonio Fernández reprocha ao goberno non haber mediado no conflicto entre empregados e a concesionaria, "habento tido coñecemento de antemán da convocatoria de folga". En palabras de Antonio Fernández "demostran a súa nula capacidade de diálogo, nin forzando un laudo ante a consellería de traballo de obragado cumprimento".


UCN asegura que unha situación de insalubridade que golpea con especial virulencia a todo o litoral do municipio, desde Patos a Ramallosa, e que está facéndose insoportable polo cheiro nauseabundo que desprende a gran cantidade de lixo acumulado na via pública, co risco de proliferación de ratas, e por se isto fose pouco, engadido por queima de máis dunha ducia de contenedores en diversos lugares, así como o envorcado e atravesado doutros na vía pública.

Os independentes fan fincapé no dobre conflito que a folga de lixo esta xerando en Nigrán. Por unha banda o problema sanitario e de saúde que está carrexando o lixo, logo de oito días e o elevado grado de contaminación nas rúas e praias, dadas as altas temperaturas que estamos vivindo nos últimos días, e por outra banda o negativísimo impacto que a imaxe deplorable do municipio que se proxecta a todos os cidadáns e visitantes.

UCN acusa directamente ao concellal de medio ambiente de manter o municipio como un "municipio tercermundista".

UCN remata solicitando ao Alcalde, que poña fin de forma inmediata ao conflicto para que non se alargue no tempo, polas graves consecuencias negativas que está tendo, non só para a saúde dos cidadáns, senón tamén para a fráxil economía local, baseada en gran medida no sector servizos, e sen que represente prexuízo algún para os intereses xerais de todos os veciños/as de Nigrán.