Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O alcalde dalle un últimatum a CESPA para o peche do conflicto da empresa cos seus traballadores.

O alcalde dalle un últimatum a CESPA para o peche do conflicto da empresa cos seus traballadores.

Correo-e Imprimir PDF
O Alcalde de Nigrán convocou para hoxe sábado unha reunión de urxencia entre representantes do Goberno Municipal e da empresa concesionaria da recollida do lixo, CESPA, S.A., que se celebrou no Concello ás 18:30h. O Alcalde de Nigrán reitera a non disposición do Concello a asumir ningún custe económico deribado da negociación do convenio colectiv.

 

Ante a situación de urxencia creada pola acumulación de lixo nas rúas do municipio debido á folga dos traballadores da empresa e o bloqueo nas negociacións do convenio colectivo dos seus traballadores, o Alcalde de Nigrán esixiulle á empresa a inmediata resolución do conflicto laboral creado e a proposta de resolución do contrato en caso de que a empresa non sexa capaz de resolver o conflicto laboral que afecta a todos os habitantes de Nigrán.

O Concello de Nigrán ven de resolver o cumplimento dos servicios mínimos a través dunha mediación da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia ante a incapacidade da empresa CESPA, S.A. de cumplir os servicios esenciais decretados polo Alcalde. 

O Alcalde de Nigrán reitera a non disposición do Concello a asumir ningún custe económico deribado da negociación do convenio colectivo por entender por un lado, que os veciños de Nigrán non poden poñer nin un só euro dos seus impostos na resolución dos conflictos internos de ningunha empresa privada, e por outro lado, tal e como se recollía nos pregos de condicións administrativas de contratación da empresa, explícitamente quedou establecido que a negociación do convenio colectivo cos traballadores da empresa non pode ter repercusións na revisión anual de precios.