Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A folga de Nigrán ocasiona un problema sanitario nas praias

A folga de Nigrán ocasiona un problema sanitario nas praias

Correo-e Imprimir PDF
 O principal reclamo turístico do municipio ofrece unha estampa de sucidade que empeora por momentos

A discusión entre os traballadores e a empresa concesionaria CESPA comeza a ser un perigo para a saúde pública.Os representantes sindicais e da empresa non alcanzaron onte un acordo sobre os servizos mínimos. Colectores e papeleiras sobordan xa nos areais e os paseos marítimos de Praia América, Panxón e Patos.

O goberno municipal esixen a Cespa que solucione esta situación canto antes, porque en caso contrario poderían someterse á apertura dun expediente.

 

A folga de lixo de Nigrán comeza xa a ser un problema sanitario e para a imaxe turística do municipio. Centenares de quilos de desperdicios acumúlanse nas papeleiras das praias e dos paseos marítimos e o mal cheiro xa se percibe nas rúas.

Onte apareceron varios colectores queimados no alto de Mallón e nas Angustias, o que obrigou á intervención dos efectivos do Grumir.

 Técnicos de sanidade realizaron onte unha inspección para facer unha análise da situación que se volve máis grave a medida que pasan as horas.

Continúa na Voz de Galicia