Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Campamento bilingüe de inglés en Nigrán

Campamento bilingüe de inglés en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Este verán o inglés vén á casa dos mozos do Val Miñor, e  ofréceselles unha oportunidade única para practicar e mellorar o seu inglés en situacións reais de comunicación. Marcos Arias Rodríguez, ex alumno do CEIP Humberto Juanes de Nigrán, trae esta vez a 14 mozos dende Mánchester acompañados dos seus familiares e a 7 profesores-monitores para participar neste campamento de inmersión lingüística que se levará a cabo no CPI Integrado de Panxón.

Os nenos e nenas ingleses aloxaranse con familias que participaron anteriormente nos intercambios educativos que vén realizando o CEIP Humberto Juanes co St John's Primary School de Mánchester nos últimos catro anos.

Trátase do primeiro campamento bilingüe destas características, onde convivirán alumnos ingleses cos alumnos españois en xornada intensiva desde as 9:30 da mañá ata as 19:00 da tarde e que conta cunha gran variedade de actividades e xogos, algúns deles aínda non introducidos en España como é o caso do Rock it Ball.

Entre as actividades a realizar, están: Diarios en inglés, Talleres educativos en inglés, Inglés a través de actividades interactivas na Smart Board, Street Dance,Taller de edición de video, Taller de teatro, Taller de percusión con steel drums (Tambores metálicos), Quick Cricket, Ultimate Frisbee ou Tag Rugby

Todas as actividades serán impartidas en inglés polos 7 profesores-monitores que estarán acompañados dun monitor bilingüe na realización das actividades.

O Eirexa Clube de Baloncesto en colaboración coa Asociación RecreActiva [Deporte, Lecer e Cultura] son os organizadores do evento. Ademais colabora o concello de Nigrán a través da oficina de turismo Dunas de Gaifar (986 36 87 34) onde poderán facer as inscripcións.

Os organizadores queren traer a Nigrán un campamento de verdadeira inmersión lingüística, diferente!, traballando o inglés e a motivación do alumno a través de actividades innovadoras, moitas delas descoñecidas para os nenos e negas da comarca.

O último día celebrarase un acto de clausura invitando aos pais a ver a progresión dos rapaces nesas dúas semanas.

A duración deste campamento único, é de 10 días: den o 4 ao 8 e do 11 ao 15 de agosto e o prezo é de 220€ por neno.

 

AGOSTO

LUNES

MARTES

MIÉRCOLES

JUEVES

VIERNES

SÁBADO

DOMINGO

 

 

 

 

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31