Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán iza as tres bandeiras azuis nos seus areais

Nigrán iza as tres bandeiras azuis nos seus areais

Correo-e Imprimir PDF

Onte izáronse en Nigrán as bandeiras azuis nos areais de Patos, Panxón e Praia América. O acto oficial celebrouse en Praia América e asistiron, onde asistiron o alcalde Efrén Juanes Rodríguez, o Concelleiro de Limpeza, Cándido Costas Fernández e a Concelleira de Turismo, Estela Pérez Pérez.

O pasado 23 de xuño o Concelleiro Limpeza e de Medio Ambiente, Cándido Costas Fernández e Juan Hermida Lago, respectivamente, acudiron ao Real Clube Náutico de A Coruña ao acto de entrega das bandeiras azuis de todos os areais de Galicia.

O acto de entrega das bandeiras azuis foi presidido polo concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Vázquez, polo Director Xeral de Conservación da Natureza, D. José Benito Reza e polo presidente da Asociación de Educación ambiental ADEAC, D. José Sánchez.

Ademáis dos tres areais galardoados con bandeira azul pola calidade dos seus servicios e calidade medio ambiental, o goberno de Nigrán declarou non renunciar a que outros areais poidan tamén dispor deste recoñecemento no próximo ano. Así o alcalde lembro as melloras realizadas nos accesos en Area Fofa e na praia da Madorra onde se está a desenvolver tanto a recuperación do areal como o acondicionamento do seu entorno; ambas actuacións desenvolvidas pola Xefatura Provincial de Costas. O concelleiro de urbanismo vaticina que e "o cuidado diario dos arenais levaranos a presentar cara o 2009 a cinco arenais como receptores do galardón de bandeira azul neste concello".