Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Veciños de Nigrán levan ante a fiscalía unhas obras inacabadas

Veciños de Nigrán levan ante a fiscalía unhas obras inacabadas

Correo-e Imprimir PDF
Afirman que o viario de acceso a Ceán non concluíu por gastarse o orzamento en muros e peches privados. Veciños de Telleiras-Lagoiña, en Nigrán, denunciaron ao Fiscal Xefe de Pontevedra a construción de muros privados con fondos destinados a urbanizar a estrada provincial de acceso a Ceán. A consecuencia desta suposta desviación de fondos públicos é que o proxecto non se puido terminar e os veciños da contorna continúan sen ter saneamento.

A Deputación adxudicou as obras no mes de outubro de 2005 por un importe de máis dun millón de euros cun período de execución de seis meses. Unha das cláusulas do contrato estipulaba a demolición dos muros e peches existentes que invadían o viario para a súa posterior reposición cos mesmos materiais. Os veciños afectados afirmaron ao fiscal que non se respectou dita cláusula, xa que unha parte destacada dese orzamento foi destinada á realización de muros privados, que non só non se fixeron con materiais novos, senón que nalgúns casos ata se fixeron peches onde anteriormente non existían.

«Muchos vecinos de la calle nos hemos quedado sin saneamiento porque el dinero se ha destinado a obras de beneficio privado, lo que no solo podría constituir un delito de desviación de fondos públicos para uso privado, sino un delito medioambiental por no tener saneamiento».

Continúa na Voz de Galicia